VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
AXUDAS
A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, mantivo onte un encontro con titular da Consellería de Política Social, José Ramón Rey Varela. Ambos representantes institucionais fixeron un repaso da aposta do goberno autonómico polos servizos sociais neste concello ourensán, que se traduciu neste 2017 nun incremento de máis dun 12 por cento no número de horas que a Xunta de Galicia ofrece para a Axuda no Fogar.
Isto resúmese nun aumento de 2.016 horas anuais, o que fai un total de 19.020 horas de servizo ao ano. Asemade, ambos mandatarios analizaron o mapa de infraestruturas autonómicas emprazadas nesta localidade, como a escola infantil, que oferta 20 prazas para nenos e nenas menores de tres anos e para a que a Xunta de Galicia destina 90.000 euros en concepto de mantemento. Tamén se revisou a situación do centro de día, ocupado por 21 maiores do municipio e costeado, na súa totalidade, con fondos orzamentarios autonómicos.
Ana María Villarino aproveitou tamén a reunión para requerirlle ao conselleiro unha aportación económica adicional coa que levar a cabo "dúas actuacións no concello pero que consideramos vitais para a xente que se achega ata as nosas instalacións públicas, como son os traballos da mellora da accesibilidade á casa consitorial e á do centro médico, para as que precisaremos uns 90.000 euros. Quedaría así totalmente rematada a reforma da casa de todos os veciños de Oímbra", apuntou a alcaldesa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"