RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
Polémica
A oposición de Vilardevós, os socialistas de Julio Prada, critican a xestión do Concello, encabezado polo popular Manuel Cardoso. “Non están aprobados os orzamentos do 2021”, apunta o portavoz do PSOE. Ante a crítica, o alcalde explica que “non os aprobamos porque non había secretaria, chegou en agosto. Podemos traballar sen telos aprobados, de forma prorrogada”.
Manuel Cardoso exemplifica a posibilidade de poder traballar sen os orzamentos aprobados lembrando a súa primeira lexislatura, no 2011. “Había secretario, pero non tivo tempo para facer os orzamentos, pasamos toda a lexislatura sen aprobalos, e traballouse igual, o importante é ter os cartos”, sinala, tranquilo fronte a crítica da oposición.
Cansado da “situación de declive” de Vilardevós, Prada asegura que “non é o problema da secretaria, é que o señor alcalde sempre ten algunha escusa para gastar o diñeiro ao seu gusto”. Dende o PSOE califican os orzamentos de “insolidarios” e remarcan que “non reflexan a realidade do noso Concello, foi un municipio punteiro en todos os sectores, agora non ten nada, dende que goberna o PP só se mira polos intereses dos que mandan”.
Respecto ao 2022, o popular asegura que teñen vontade de aprobar as partidas orzamentarias: “Temos idea de aprobalos, a secretaria xa está comezando a traballar neles”, algo no que confían os socialistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
COMBATE EN SILLA DE RUEDAS
Os Remedios vivió “El Retorno del Rey Simón”
TAMBIÉN LE MANDÓ UNA CARTA
Un año más de cárcel por llamar a su ex desde la prisión de Pereiro de Aguiar