ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Riós acolle desde onte e durante esta xornada de sábado o Foro da Castaña que se celebra por vez primeira no marco do convenio asinado pola Xunta con este Concello para a identificación, vixilancia e promoción da xestión activa dos soutos tradicionais de castiñeiros e de frondosas autóctonas.
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, foi o encargado de inaugurar esta cita que ten como obxectivos o fomento da participación colectiva, o intercambio de información e establecer canles de comunicación entre os axentes que interveñen na cadea de valor do castiñeiro.
Este foro participativo de experiencias e novidades relacionadas coa recuperación dos soutos tradicionais, coas novas plantacións de carácter produtivo, ecolóxico ou recreativo,
ou cos procesos produtivos é unha das accións do acordo subscrito cuxa vixencia se prolongará deica finais deste ano. Un acordo que persegue facer fincapé na promoción das agrupacións de propietarios para a xestión conxunta sobre figuras de base asociativa, civil ou mercantil, así como na loita contra as doenzas do castiñeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 6 de agosto
GUERRA EN IRÁN
Trump amenaza con un golpe “muy duro” si Ormuz no abre