Verín culminou unha formación sobre clown

Na cita participaron 16 persoas

Los participantes, Cañaveral y Katz en el Auditorio.
Los participantes, Cañaveral y Katz en el Auditorio.

Verín converteuse a pasada semana no epicentro da arte teatral coa realización dun taller de adestramento de clown, liderado polo recoñecido mestre arxentino de máscaras Marcelo Katz, a través da escola de teatro local Kotodama, dirixida por Santi Cañaveral.

Na formación participaron 16 persoas, “os que viviron unha semana apaixonante, arriscada e comprometida, onde se adestraron profesionalmente nesta particular modalidade do teatro físico, o clown”, anotan dende o Concello. Durante esta semana, os participantes realizaron exercicios nos que traballaron o corpo, a expresión, os impulsos, o estado de presenza e o traballo co público, entre outras habilidades que se desenvolveron.

Pola súa banda, Marcelo Katz asegurou que a “experiencia foi descrita polos asistentes como intensa e conmovedora, e deixou unha pegada significativa nos participantes”, tras culminar a formación.

Contenido patrocinado

stats