FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Ocio
O sábado 17 de abril, ás 19:00 horas, a compañía "La pequeña victoria Cen" traerá ao Auditorio de Verín a obra "Gigante", un espectáculo familiar de circo-teatro feito de sutilezas e momentos sorprendentes inspirado en diferentes textos do poeta leonés Jorge Pascual.
Este proxecto é unha proposta escénica que se move na procura dunha linguaxe expresiva. Combínanse tres personaxes, as súas relacións, obxectos cotiáns como un taburete que cobra unha nova dimensión, acrobacias, poesía, malabares, teatro, danza e música.
As entradas para este espectáculo, que quere chegar ao universal dende o local buscando a grandeza do pequeno e cotián, xa están dispoñibles por cinco euros.
Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos explica que "a partir dese sábado, implementarase no auditorio un novo sistema de reserva intelixente e dinámico que se adapta ás limitacións de aforo establecidas en cada momento e á distancia social, coa finalidade de preservar unha programación de espectáculos estables en época de coronavirus".
Así, a través da plataforma correspondente na que se mercan as entradas, empregaranse perímetros de seguridade entre grupos de compra ofrecendo ao usuario eventos seguros e con todas as garantías sanitarias precisas na actualidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último
EMERGENCIA INTERNACIONAL
La OMS eleva a más de 500 los casos sospechosos y 130 las muertes sospechosas por ébola