Edelmiro Mateo: "A música é a única verdade que existe no universo"
ENTREVISTA
O verinense falará o xoves, ás 20:30 horas, sobre a música no Auditorio de Verín
Edelmiro Mateo García foi mestre, aínda que se adicou case toda a súa vida ao negocio familiar -o bar A Canteira-, pero dende ben cativo -nado no 1963- se afeccionou á música, converténdoa na súa forma de vida.
Este xoves, ás 20:30 horas, o músico verinense estará no Auditorio Municipal de Verín, nun coloquio organizado polo Conservatorio de música, baixo o nome "A música, o alimento da felicidade", no que falará da súa forma de ver a música e tocará varias pezas co seu acordeón.
Cal é motivo da cita?
O conservatorio fai 30 anos e programaron actividades paralelas e nunha desas actividades encaixo eu, e decidiron contar conmigo. Eu encantado porque estou orgulloso, xa teño alumnos meus que están dando clases, un honor.
Que se atoparán as persoas que acudan ao auditorio?
Vou a tocar o acordeón, vou tocar con dous alumnos do conservatorio unha peza, e levarei unha sorpresa que penso que vai agradar ao público e aos integrantes do conservatorio.
Que lle di o título da charla-coloquio: "A música, o alimento da felicidade"?
Sen música non hai felicidade posible, porque a música é a única verdade que existe no universo. Por iso, vou enfocar esta charla dende a esencia da música e o amor que lle teño, a ver se o contaxio, porque a música hai que sementala. Nun principio iba ser unha charla didáctica, despois máis cultural e finalmente será algo máis humano. "Eso que tu me das es mucho más de lo que te pido", a canción de Pau Donés que lle adicou a súa filla e a música, é a esencia da conferencia.
A actividade organizada polo Conservatorio de Verín é unha máis se que suma a todo o que levan feito dende que se creou esta entidade. Que opina desta progresión?
Levo toda a vida co conservatorio presente, formo parte do cambio. Matriculeime dúas veces, animei á xente para que se matriculara tamén, incluso maiores. Sempre me preocupei por el, antes non habia ninguén, pero agora polo menos hai 3 profesores superiores que comezaron a formarse no conservatorio de Verín. Todo o que se conseguiu foi porque se loitou moito por eso, houbo moitísima xente implicada polo camiño.
Entón pódese chegar lonxe dende unha vila pequena...
Por suposto, máis pequeno é Celanova, Xinzo e a Rúa, e teñen moito potencial. A música non depende da grandeza da cidade, a música hai que sementala, e aquí empezamos a sementala fai pouco relativamente... Nunha leira na que hai sementes anteriores sempre vai nacer, aquí non habia semente de músicos, a única raíz musical que había era o coro da Merced, o teatro da Marita Oterino, o coro do Padre Reyes.. Pero non había moito máis alá, e xa todo o que logramos...
Que consello lle daría a todos eses mozos que están comezando a súa andaina na música?
Que se animen. O principio ten unha parte un pouco dolorosa, hai que facer un peliño de sacrificio, pero é un sacrificio que se fai unha vez e que logo desfrutas toda a vida. E aos pais que animen aos rapaces, que os matriculen e incluso que se matriculen eles, porque a música é necesaria para a vida.
Vostede toca o acordeón, por que este instrumento?
O acordeón era o instrumento máis fácil de conseguir cando eu era cativo. Viñan os instrumentos de Alemania e Suiza e traíanse un montón deles. Daquelas, o acordeón era o instrumento que adornaba as festas, as familias, fácil de trasladar, e facía música el solo.
Ademais, o acordeón é o instrumento que máis cerca do corazón se toca, e para tocalo tes que abrazalo.
E para rematar... que é para vostede á música?
A música é todo. É a miña vida. Estudei unha carreira e solo exercín tres anos, e da música fun estudando pouco a pouco e despois cruceime con músicos de moitísima categoria e nivel que empuxaron por min e o final vivín da música, dediqueime á música, sin olvidar as obligacións familiares e demais, por iso a música é a miña vida. Foi, é e será sempre música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
Lo último
TRABAJADORES EN EL SECTOR PRIMARIO
El campo en Ourense se vacía: las afiliaciones de ganaderos y agricultores tocan fondo
DIRECTOR DEPORTIVO
El técnico del Barbadás, Moncho Salgado: “La toma de contacto ha sido buena”