A Xunta construirá en Riós un novo centro de día
SANIDAD
O proxecto total ascenderá a 528.000 euros dos que a xunta aportará 200.000 euros e o restante a Deputación e o Concello
Riós contará nun futuro próximo cun novo centro de día. Así o anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García, que se achegou a media tarde de onte ao municipio da comarca de Monterrei, onde foi recibida polo rexedor local, Francisco Armando Veiga, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
O Goberno galego achegará 200.000 euros para este novo servizo. No proxecto tamén participarán o propio Concello de Riós e a Deputación de Ourense. Neste senso, a administración local ten elaborado un proxecto para este centro de día que ascende a 528.000 euros e contará cunha superficie de 508 metros cadrados.
O novo edificio disporá de diferentes espazos, entre eles, unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente, outra destinada a atención, comedor e cociña, ademais doutras dependencias comúns neste tipo de recursos. A conselleira destacou o compromiso da Xunta cos maiores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último