Cinco alumnos do Chamoso Lamas son seleccionados para un campus científico

Sela Taboada, Lucía González, Ángel Pousada, José Ángel Regueiro y Noemí Rodríguez son os alumnos do primeiro curso de Bacharelato Científico-Tecnolóxico do Instituto Chamoso Lamas do Carballiño que foron seleccionados para participar durante o mes de xullo na terceira edición do Campus Científico de Verán, organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional de España e o apoio da Obra Social 'La Caixa'.
Os criterios da selección teñen que ver co alto rendemento escolar no curso académico 2010-2011 e a superación dunha proba de coñecementos. Durante sete días estarán en contacto coa investigación científica, participando nuns proxectos de acercamento científico, especialmente deseñados por profesorado da Universidade e de Ensinanza Secundaria.

Te puede interesar