Día da Poesía cos escolares o martes na Insua dos Poetas

Escolares asistentes a la edición del Día da Poesía de 2022.
photo_camera Escolares asistentes a la edición del Día da Poesía de 2022.
Todas as actividades polo Día da Poesía na Insua dos Poetas

A Fundación Insua dos Poetas celebrará o vindeiro martes, día 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía a través dun programa variado de actividades no que terán especial protagonismo os escolares da comarca do Carballiño. 

A xornada cultural, que terá lugar a partir das 10,30 horas no parque temático situado na Esgueva (Madarnás, O Carballiño), conta co patrocinio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello do Carballiño.

O alumnado participante recitará poemas de Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, figuras centrais da poesía galega que quedarán inmortalizadas en catro novos murais que se irán estreando durante o transcurso da actividade. Estas pezas, expostas na Galería da Literatura Galega, son obra dos artistas Yoseba MP, Raquel Germade, Novenoel e Delio RC. 

As distintas actividades contarán este ano coa participación dos centros de ensino públicos e privados da comarca. Todos eles recibirán lotes de libros como agasallo.

Qué é o Día Mundial da Poesía?

O Día Mundial da Poesía é unha iniciativa da Unesco, impulsada no 1999, que se comezou a celebrar en todo o mundo a partir do 2000. Dende 2012, a Fundación Insua dos Poetas, que preside Luis González Tosar, celebra na Insua dos Poetas cada 21 de marzo esta data, sempre co protagonismo do alumnado da comarca do Carballiño, que participa en recitales e diversas representacións.

Te puede interesar