UN AÑO CRÍTICO
24 carballiñesas, víctimas de la violencia de género
Carballiño
A travesía principal da localidade do Reino, no municipio de Piñor, será sometida a unha reforma integral mediante a que se mellorará a seguridade para condutores e peóns. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou onte na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras da estrada OU-154. As empresas interesadas na realización destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de novembro.
A Xunta achega un investimento de preto de 160.000 euros, que inclúe a reposición de servizos, para acometer o acondicionamento desta vía autonómica. Os traballos comezarán no primeiro trimestre do vindeiro ano e disporán dun prazo de execución duns tres meses.
A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, concretamente desde o Camiño de Santiago ata o cruce coa N-525, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria na contorna.
Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns coa dotación dunha nova beirarrúa que sustituirá a existente moi deteriorada e ao longo de aproximadamente 700 metros. Tamén se instalará nova sinalización e redutores físicos de velocidade coa habilitación dun paso elevado, que tamén servirá aos peóns para cruzar a calzada. Ademais, se levará a cabo a rehabilitación do firme, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada, e a instalación de luminarias led.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN AÑO CRÍTICO
24 carballiñesas, víctimas de la violencia de género
NOSA LITERATURA
A Insua dos Poetas pechará o ano Castelao o sábado
PREMIO DA NOVELA DE GALIZA RURAL
Óscar Reboiras presentou a súa obra “El caso Salgueiro”
UN ESPACIO PARA REUNIRSE
El Concello de Piñor licitó el bar municipal
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas