UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
O Pazo dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), acolle o próximo sábado o acto de entrega dos XIV Premios Bacelos de Prata 2022, que este ano otorgou a Asociación Álvaro das Casas ás adegas Terras de Bendaña, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e Celme, da Denominación de Orixe Ribeiro. Trátase duhos premios anuais ás adegas pola utilización do idioma galego.
O acto comezará ás 12,30 horas coa presentación por parte da secretaria da asociación, Carmen Vaquero ao que seguirá a lectura da acta do xurado e o discurso do presidente da entidade, Avelino Muleiro.
Despois procederase a entregar os premios e intervirán autoridades invitadas para pechar o acto. A actuación musical correrá a cargo de María do Ceo ao longo do programa e para finalizar haberá unha degustación dos viños das adegas galardoadas.
Adegas Celme, de Astariz (Castrelo de Miño), produce viños ecolóxicos con variedades autóctonas, todos etiquetados exclusivamente en lingua galega como sinal de identidade e
garantia dunha maneira de facer que promove unha recuperación respectuosa co territorio e o medio ambiente e achegando ao mercado produtos de alta calidade, segundo valorou o xurado. Terras de Bendaña, de Sobrado (Lugo), é a adega pioneira en Galicia na utilización da lingua galega na etiquetaxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva