Cortegada foi de novo referencia da artesanía
FEIRA
A XIV Feira de Artesanía de Cortegada foi un éxito con gran número de expositores e asistentes
O concello de Cortegada pechou este domingo a súa fin de semana máis importante do verán coa celebración da XIV Feira de Artesanía, un evento xa consolidado que contou con numerosos asistentes, postos e actividades ao longo de todo o día.
Ás 11,00 horas tivo lugar a inauguración da feira coa apertura dos postos de artesanía, das atraccións ecolóxicas e dos obradoiros infantís para que os máis cativos se comecen a convertir en artesáns o día de mañá.
Durante a mañá houbo paseos pola vila de Cortegada a bordo de vehículos ecolóxicos para todo aquel que o desexou. Ademais, non faltou a comida e a bebida, con degutacións de viño do Ribeiro e un xantar popular que contou con xarrete.
Á tarde celebráronse varias partidas de “paintball” tradicional e tamén dunha modalidade con auga, menos lesivo. Todo aderezado con actuacións de cómicos e a amenización musical da charanga Bicoia.
Presenza institucional
Tanto o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, como o presidente provincial, Luis Menor, acudiron á apertura da feira. Na súa visita puxeron en valor a celebración desta feira por parte do Concello de Cortegada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana