VITICULTURA

A Denominación de Orixe incluirá o viño escumoso e o de barrica

Tamén se establece unha diferenciación para aqueles viños que se elaboren exclusivamente con variedades autóctonas, que levarán a mención “castes”

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución favorable da Consellería do Medio Rural en relación á modificación do prego de condicións da Denominación de Orixe Ribeiro, co fin de adaptalo ás necesidades actuais do mercado e ampliar a oferta dos seus produtos. Entre os cambios máis significativos está a inclusión da categoría correspondente aos viños escumosos de calidade, que deberán ser elaborados polo método tradicional exclusivamente con uvas brancas ou tintas de variedades autóctonas (preferentes). 

Tamén se establece unha diferenciación para aqueles viños que se elaboren exclusivamente con variedades autóctonas, que levarán a mención “castes”; mentres que os que sufran algún proceso de envellecemento en barricas de madeira e que tamén estean elaborados unicamente con castes preferentes levarán a mención “barrica”.

Ademais, establécese unha densidade de plantación mínima de 3.000 cepas/ha, en substitución do requisito que se prevé no prego de condicións vixente, no cal se recolle unha densidade máxima de 7.000 cepas/ha.

Te puede interesar