UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
A sede da Mancomunidade do Ribeiro foi o escenario escollido para pechar o percorrido do Camiño de Futuro que fai a presentación do mapa de axudas da Xunta de Galicia para pemes, emprendedores e autónomos do sur da provincia. Na apertura participaron o presidente do GDR, Francisco José Fernández, e Patricia Argerey, directora de Gain, Axencia Galega da Innovación; mentres que trala presentación das axudas pecharon o acto a presidenta da CEO, Marisol Novoa, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén.
A presentación dos apoios correu a cargo dos representantes dos organismos da Xunta, e a súa utilidade foi contrastada posteriormente coa exposición de casos de pemes que acadaron os obxectivos de innovación e mellora nos seus proxectos empresariais como Viña Costeira e Renga Enerxía, exemplos ourensáns de innovación, competitividade e dixitalización en sectores tan distintos coma o agroalimentario, a biotecnoloxía e o deseño e enxeñería industrial, respectivamente.
O encontro congregou a membros do tecido empresarial, de entidades asociativas como a da Área Industrial de Carballiño e de organismos como a Estación de Viticultura de Galicia. Francisco José Fernández apostou por que as administracións públicas deben apoiar dende o inicio da actividade empresarial aos promotores de ideas innovadoras que aproveitan a riqueza dos recursos das comarcas do Carballiño e Ribeiro para asentar poboación, mellorar a economía local e favorecer o benestar social. Patricia Argerey sinalaba que todas as empresas teñen a capacidade de innovar, de facer as cousas dun xeito distinto, optimizar tempos e custos e posicionarse mellor nos mercados para poder sobrevivir.
Marisol Novoa recordou que a Confederación puxo en marcha dúas oficinas técnicas en Verín e O Barco e Gabriel Alén sinalou que é imprescindible “seguir potenciando o ánimo emprendedor e innovador de todos vós”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva