MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
ENTREVISTA
Esta sábado á noite representan o "Made in Galiza" en Verín, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal do Concello.
Vostede actúa, escribe, dirixe… Con que desfruta máis?
Depende dos proxectos e do punto vital. Cada unha desas facetas afrontan retos diferentes, malia ser complementarios. Hai unha ollada e un sentir distinto en cada un deses roles.
Como ve o estado actual da cultura en galego?
Nun momento excelente en tódalas disciplinas a nivel de creación. Tanto musicalmente, coma no cinema, nas artes plásticas ou nas artes escénicas. Cada vez hai unha maior variedade de propostas, hai novas voces, novas linguaxes. Vén máis dende o territorio, dende a raíz, pero ao mesmo tempo cunha vocación universal e cunhas cualidades excelentes. Por desgracia, a cultura na nosa lingua moitas veces non obtén o recoñecemento a nivel social e económico que merece.
En que momento xurdiu a idea de facer esta adaptación xunto co Fernando Dacosta?
O meu fillo foi un de tantos que leu o “Made in Galiza” porque era lectura obrigatorio no colexio. Hai cinco anos estaba a ler no seu cuarto e sentino rir a esgalla, algo que non é común nun preadolescente. Pregunteille por que, e faloume do libro, que eu descoñecía. A partir de aí, buscamos o momento e a oportunidade para poder facer esta adaptación.
O libro do Séchu Sende cumpre 17 anos. Aínda segue vixente?
Sen dúbida. El, coma docente, coñece de primeira man a deriva que está a ocorrer cos falantes entre os 15 e os 21 anos, a pesares do ensino en galego e das campañas de divulgación.
Cre que “nin en soños imos perder a nosa lingua”?
Penso que nin en soños a deberíamos perder. Tamén hai boas novas. Malia haber un retroceso na lingua falada, hai un incremento da pegada dixital do galego.
Que supón para Sarabela Teatro actuar en Verín?
Verín fixo un esforzo enorme para dotarse dun espazo digno e marabilloso, polo que estamos encantadísimos de volver aquí, onde xa representamos practicamente todos os espectáculos de Sarabela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último