UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
Vendimia
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro está pechando os últimos detalles do operativo para a vendima 2021, que estará formado por un grupo de 25 traballadores. Este grupo participará o hoxe, mañá e o mércores a dobre xornada nun completo curso de 40 horas de formación de reforzo no recoñecemento e identificación das variedades de uva da Denominación de Orixe Ribeiro, así como todos os aspectos tanto morfolóxicos, agronómicos cono enolóxicos das mesmas. Así mesmo, reforzarase o coñecemento de toda a maquinaria presente en adegas incluíndo visita presencial a un viñedo e instalacións.
Para a implementación deste curso, cóntase coa colaboración da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).
Todo este operativo de vendima desprégase en virtude das competencias que ostenta o Consello Regulador xa que este organismo é o máximo responsable no control e verificación da uva que entra nas adegas oficialmente inscritas no seu rexistro.
Dende mediados do mes de xullo, como vén acontecendo nos últimos tres anos, estanse a levar a cabo inspeccións prevendima nas fincas. Neste sentido dende o Consello Regulador apuntan que durante os últimos tres anos leváronse a cabo máis de 500 inspeccións, o que permite ir facendo unha actualización permanente do rexistro vitícola, ter ao día todos os datos dos viticultores, as súas fincas e variedades de uva así como facer controis do estado das variedades e unha estimación da colleita. As medidas teñen por obxectivo garantir a orixe e a calidade dos viños
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre
SIN SANCIÓN PARA LA TRABAJADORA
El juez anula la sanción que impuso el Colexio da Avogacía de Ourense a una empleada
54 GARAJES EN TODA LA CIUDAD
Locura por los garajes: el precio llega a 50.000 euros en Ourense