UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
O grupo municipal do BNG de Cenlle iniciou unha campaña de recollida de firmas en contra do peche do centro de saúde de Barbantes na actual situación sanitaria. "Isto é unha inmensa irresponsabilidade xa que terá como cosecuencia a saturación do único centro de saúde que quedaría en todo o concello situado en Cenlle. Tal temeridade aumentaría a saturación de veciños así como a necesidade de recorrer a medios de transporte público, multiplicando os riscos de contaxio". Os nacionalistas temen que sexa "un paso máis no proceso de desmantelamento do
servizo de sanidade pública".
O PSOE coincide nesta reclamación e afirma que coa "chegada de Feijóo ao Goberno da Xunta perdeuse un médico e recortáronse os servizos e agora co peche do centro de saúde dáselle outro golpe mortal á vida no rural".
O alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez, afirma que foi unha decisión do Sergas para "protexer aos vecinos centralizando as consultas". Engade que no centro de Cenlle estanse preparando dúas salas de urxencias, unha delas para atender aos pacientes con covid-19, e que no de Barbantes non hai espazo dispoñible porque cando se fixo a reforma aínda non había pandemia.
O Concello pon a disposición dos veciños que o necesiten un servizo de desprazamento para acudir ás citas médicas presenciais no centro de saúde de Cenlle, mentres dure a pandemia, segundo matiza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas