Festas en Ourense

Programa de la XLIV festa do pemento de Arnoia: horarios y eventos

Varias cociñeiras preparan os pementos en Arnoia.
photo_camera Varias cociñeiras preparan os pementos en Arnoia.
“A Queixeira” será o escenario dunha festa que contará co cómico galego Víctor Fábregas como pregoeiro

Os vindeiros días  4, 5 e 6 de agosto, o Concello de Arnoia será o escenario dunha nova edición da Festa do Pemento, unha das celebracións gastronómicas máis relevantes da provincia.

A Queixeira converterase  nun festín de sabores, aromas e tradicións únicas. Este ano a festa contará con moita gastronomía, actividades e numerosos espectáculos.

Venres 4 de agosto 

A celebración comezará coa recepción de autoridades (21,00 horas) e a inauguración oficial da XLIV Festa do Pemento da Arnoia acompañados do grupo Airiños de Arnoia e Charanga CLK. Inmediatamente acenderanse os fogos e comenzará a fritura dos pementos.

O pregoeiro desta edición será o cómico galego Víctor Fábregas  que anunciará a festa na súa intervención ás 21,30 horas.

Coa festa xa en marcha, a xornada completarase coa actuación musical da charanga CLK (21,45 horas). Pola noite, a partires das 23,00 horas, a verbena correrá cargo  da orquesta espectáculo Funçao Pública e discomóvil MVP Music.

Sábado 5 de agosto

Ás 10,30 horas comezará a IV Concentración “A Arnoia” de Vehículos Clásicos do Pemento, unha cita xa habitual nas últimas edicións. Todos os vehículos chegarán ó recinto da festa ás 13,00 horas.

Tras desfrutar dos vehículos clásicos, ás 12,15 horas, acenderanse os fogóns para comenzar a fritura dos pementos da Arnoia. Case ao mesmo tempo comezará a animación musical ca charanga Sorcha.

Pola tarde tamén se programou un conxunto de actividades para os máis pequechos. Ás 16,30 horas comezará unha gran festa infantil na área recreativa do Inquiau con xogos, espuma, olimpiadas, etcétera.

Os fogóns acenderanse de novo ás 20,30 horas  para continuar ca fritura dos pementos.

A música porá o broche final á xornada do sábado con dúas actividades destacadas. A primeira, o VII Festival de pandereteiras “Arnoia Viva” que comezará ás 21,30 horas coa participación dos grupos Pan sen Fron, Pandereteiras de Sadeo e Airiños de Arnoia.

Xa pola noite, ás 00,00 horas, a verbena correrá a cargo da orquesta espectáculo Cinema e discomovil MVP Music.

Domingo 6 de agosto

O acendido dos fogóns para cociñar os pementos será ás 12,15 horas.

As 12,30 horas comezarán o acto relixioso e a ofrenda dos froitos da nosa terra no campo da festa.

Un pouco máis tarde será a actuación a cargo do grupo de danzas e gaitas “Ariños da Arnoia”.

Tralo descanso vespertino, ás 20,00 horas, comezará novamente a fritura dos pementos da Arnoia.

Ás 20.15 horas a música da  charanga CLK amenizará o ambiente.

A noitiña (22,30 horas) haberá unha actuación do grupo “Bafana Bafana”.

Ás 00,00 horas, para rematar a XLIV Festa do Pemento da Arnoia, actuación do grupo Broken Peach.

Te puede interesar