UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
O PP acusa ao alcalde de vulnerar os dereitos dos veciños ao non aceptar unha moción
Nembargantes, na sesión que convocou o rexedor, o socialista Marcos Blanco, para a tarde de hoxe, non figura tal proposta na orde do día. Iste feito xerou malestar no PP, de xeito que o seu voceiro, César Fernández, asegurou que o alcalde 'está atentando contra o pleno coma máximo órgano de representación municipal'. O concelleiro 'popular' engade que Marcos Blanco 'está conculcando o dereito fundamental recollido polo artigo 23.1 da Constitución española, que consagra o dereito á participación na vida pública dos cidadáns, ben sexa directamente ou a través dos seus representantes'.
César Fernández tamén suliña que 'tampouco se incluiu para este pleno a nosa petición de comparecencia do edil de Facenda, Javier Iglesias, para dar conta do balance económico do pasado ano', unha solicitude que está contemplada no regulamento de funcións das Corporacións Locais.
Pola súa banda, Marcos Blanco indicou que 'o cambio das feiras (que en domingo trasládanse ós sábados) corresponde ós sectores implicados', é dicir, comerciantes e hosteleiros, 'e non ó capricho dalgún concelleiro do PP'. O alcalde lembra que 'hai dous anos que se acordou o cambio ós sábados e ninguén se queixou dende entón', referíndouse a que había consenso. Sobre a comparecencia de Iglesias, o rexedor socialista rexeitou esta solicitude da oposición, 'xa que as contas fanse públicas nas comisións informativas e o PP nunca fai preguntas nelas'.
CAMPAÑA
Ante a postura de Marcos Blanco, o edil Celso Sotelo, do PP, anunciou que vai iniciar unha campaña de recollida de sinaturas 'entre comerciantes, hosteleiros e propietarios de postos ambulantes', entre outros, para que as feiras volten ser os luns cando os días 10 ou 25 de cada mes coincidan en domingo. O concelleiro 'popular' afirma que non hai ningún'capricho' por parte do seu grupo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva