FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
SANEAMENTO
O Concello de Ribadavia iniciará nas próximas semanas un proxecto de limpeza e reparación na Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) de Extramuros, unha infraestrutura clave para o sistema de saneamento municipal. As actuacións, cun orzamento de 111.482 euros que aportará o Concello, serán executadas nun prazo estimado de dúas semanas.
A intervención responde á situación crítica detectada na última inspección, onde se comprobou que unha das bombas principais estaba fóra de funcionamento e o pozo de bombeo presentaba unha importante acumulación de sólidos. Esta situación supón un risco inminente de atasco e posibles verteduras ao río Avia, o que podería xerar graves problemas ambientais. “Trátase dun investimento importante que vai facer o Concello, pero que é necesario e urxente xa que nos permitirá dar solución a un problema serio e que se vén arrastrando dende hai anos. Con esta actuación a estación de bombeo quedará totalmente renovada e eliminando definitivamente os problemas existentes nese tramo da rede de saneamento municipal”, explica César Fernández, alcalde de Ribadavia.
Estas obras realizaranse mediante un procedemento no que as empresas interesadas poderán presentar as súas respectivas ofertas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO
O viño galego, un sector que se consolida cada ano
nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 13 de mayo
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil