Renovación integral da biblioteca de Ribadavia

SERVICIOS

O Concello de Ribadavia potencia así este servizo público que ten 1.182 usuarios

Publicado: 26 jul 2024 - 08:15 Actualizado: 26 jul 2024 - 08:33
Biblioteca de Ribadavia.
Biblioteca de Ribadavia.

O Concello de Ribadavia ejecutará unha reforma da biblioteca munipal tanto no que se refire as instalacións como a renovación de equipamentos.

A obra consistirá na colocación dun novo pavimento vinílico heteroxéneo, pintura, substitución da porta de entrada por unha porta acústica, trasdosado e demolición de partición interior de fábrica revestida.

Por outra banda, a renovación de equipamentos contempla a colocación de novos andeis, butacas, mesas, cadeiras, cadeiras de brazos, carros de coxíns verticais, expositores, señalizadores por centro de interese, mostrador bibliotecario de atención a usuarios e ordenador de posto individual bibliotecario.

Para elo, o Concello de Ribadavia e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, veñen de asinar un convenio para dita reforma que suporá unha inversión de 56.797 euros.

Este convenio vén xustificado, segundo apunta o alcalde, César Fernández, pola necesidade de renovar unha biblioteca cuxo mobiliario non se cambiou dende fai mais de 30 anos, e debido a outras carencias como por exemplo, a necesidade de mesas de estudo con enchufes incorporados e luz led para unha mellor visibilidade, ou unha maior altura das librerías para ter mais capacidade de crecemento,

Con esta actuación poderase tamén mellorar a situación do fondo antigo, que conta con mais de 800 exemplares, que é necesario conservar dun determinado modo e proceso, co cal requírese unha serie de mobiliario específico para que non lle afecten as condicións atmosféricas e ambientais.

Servizo importante para Ribadavia

César Fernández sinalou que “grazas a este convenio poderemos renovar unha biblioteca pública que da un servizo moi importante á veciñanza de Ribadavia xa que conta, a día de hoxe, con 1.182 usuarios e que, tal e como sinala a estatística oficial, fai mais de 4.200 préstamos de libros ao ano. Cómpre sinalar tamén que estamos a falar dunha biblioteca moi dinámica en actividades e que ademais ten recibido moitos premios e recoñecementos polo traballo que alí se desenvolve”. O rexidor destaca que nos últimos meses “o investimento en renovación e reforma de infraestruturas culturais supera os cen mil euros grazas á colaboración entre Concello e Consellería de Cultura”.

Contenido patrocinado

stats