DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
VERÁN
Ribadavia clausurou este sábado a 40ª Mostra Internacional de Teatro, nunha xornada coa Asociación Cultural Abrente como protagonista, en recoñecemento a súa contribución á promoción da cultura e máis concretamente do teatro galego. A Casa da Cultura acollía, con tal motivo, a proxección do documental de Xan Leira dedicado a esa entidade.
A Praza Buxán - Igrexa da Madalena foi o escenario do espectáculo de rúa elexido para este último día da mostra: “Mover montañas”, de Alberto Velasco, procedente de Madrid.
A baixada do telón ata o próximo ano correspondeulle a coprodución do Centro Dramático Nacional e Butaca Zero, con “Iribarne”, unha farsa política moi documentada, sagaz e en certo modo épica.
Foron máis de vinte espectáculos teatrais, con humor, drama, circo, danza, música en directo, e tamén de trascendencia social e reivindicativa, que se representaron entre os días 19 e 27 de xullo, complementados con presentacións de libros, un documental, coloquios, cursos e exposicións, entre outras actividades que ofreceu esta 40ª edición da MIT.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
JORNADA DE REFORESTACIÓN
Voluntarios plantan 700 árboles en Larouco, epicentro del mayor incendio de Galicia