UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
Vinos
A Ruta do Viño do Ribeiro, de acordo co resto de rutas dos viños de Galicia e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, decidiu manter a celebración das Xornadas de Portas Abertas os días 23 ao 25 de outubro, Durante esta fin de semana as adegas participantes na Xornada ofrecen visitas guiadas con degustación ás 11,30, ás 13,00 e ás 17,00 horas do sábado e ás 12,00 horas do domingo. Para facer as visitas é imprescindible a cita previa.
Adegas Celme organiza sendos obradoiros, sobre a elaboración de vermú artesanal e para analizar as características e cata posterior coas variedades identificadas. Cuñas Davia, propón unha cata comentada e Casal de Arman ofrece aos visitantes unha cata vertical. Tamén Genuine Galicia, especializada en rutas turísticas, ofrece visitas gratuítas no casco histórico de Ribadavia.
O Museo do Viño de Galicia recibirá visitas tanto individuais como de grupos e complétase a oferta enoturística cos menús maridados que presentan os restaurantes asociados a esta ruta, unha combinación perfecta de gastronomía local con viños de calidade.
A oficina de Turismo de Ribadavia, permanecerá aberta en horario de 10,00 a 14,30 horas e de 16,00 a 19,00 horas o sábado e de 10,00 a 14,30 o domingo, como punto de información.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas