Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen ánimo de lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez Freire, pecharon un acordo de colaboración polo que esta organización ofrecerá asesoramento e apoio técnico na redacción dos pregos de licitación para a xestión dos puntos verdes de San Cibrao das Viñas e Xinzo de Limia, de tal xeito que as empresas de Economía Social poidan optar á xestión destes centros.
O acordo entre a Deputación de Ourense e Cegasal enmárcase no compromiso adquirido por Manuel Baltar durante o último debate sobre o estado da provincia, no que apostou por aproveitar a Economía Verde, tanto no ámbito da construción como da xestión e reciclaxe de residuos, para impulsar a creación de emprego e, dentro deste, para ofrecer oportunidades de traballo ás persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social, é dicir, a Economía social.
Precisamente este é o obxectivo de Cegasal, unha organización empresarial sen ánimo de lucro e de carácter multisectorial que desde 1997 traballa na defensa, promoción e representación de iniciativas empresariais de Economía Social, como son os Centros Especiais de Emprego, para a inclusión dos citados colectivos na actividade económica, social e empresarial de Galicia.
Baltar salientou que “a Deputación máis social da historia na provincia de Ourense acredita esa filosofía, a aposta polo social, interpretando así un momento singular e determinante como o actual, no que a xestión social é prioritaria e o compromiso solidario e cooperador, imprescindible”.
Pola súa banda, Vázquez Freire agradeceu a sensibilidade e o apoio do presidente Baltar coa Economía Social, “que se traduce neste acordo de colaboración e en importantes iniciativas nas que vimos colaborando desde 2017 a prol da promoción dunha economía máis solidaria, tan necesaria sempre e moito máis nestes tempos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea