Actividades de voluntariado ambiental na provincia

Un total de 17 voluntarios procedentes da Rioxa, Salamanca, Guadalaxara, Barcelona, Asturias, Biscaia e Madrid tomaron parte xa no programa de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais, que organiza a Xunta, e que desenvólvese nas comarcas de Allariz, Verín ou Celanova, entroutros puntos de Galicia. A próxima semana, está previsto que catro voluntarios de Salamanca participen no campo de Riós.
Os voluntarios realizan actividades de vixilancia ambiental, control de especies invasoras que poden aumentar o risco de incendio ou limpeza e desbroce de cortalumes.

Te puede interesar