Barbadás promoverá o acollemento de menores

Unha das principais mensaxes que pretenden trasmitir é que, sen participación, non pode dárselle visibilidade ao acollemento.

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), en colaboración co concello de Barbadás, organiza unha charla o vindeiro 6 de outubro, ás 19,00 horas no parque da Solaina, para informar e sensibilizar sobre o programa de acollemento familiar de menores.

Na actualidade en toda Galicia hai 329 familias acolledoras e máis de 1.300 nenos e nenas en centros de acollida, segundo os últimos datos recollidos. Dende Acougo afánanse por dar a coñecer entre a sociedade a realidade de nenas e nenos en situación de desprotección e tamén en axudar ás familias de acollida en todos os seus trámites. O acollemento familiar permite que nenos e nenas tutelados pola administración pública poidan vivir integrados en familias distintas ás de orixe, e medrar nun espazo de protección familiar.

Unha das principais mensaxes que pretenden trasmitir é que, sen participación, non pode dárselle visibilidade ao acollemento.

Te puede interesar