Política

O BNG preséntase como única opción política “sen ataduras"

Os nacionalistas ven como unha cuestión vital o cambio de goberno na Xunta de Galicia

A candidata do BNG por Ourense as eleccións autonómicas do 12 de xullo, Noa Presas, e a voceira do partido no Parlamento Europeo, Ana Miranda, mantiveron onte un encontro na cidade de Ourense onde fixeron duras críticas ao Goberno autonómico, e advertiron que "non podemos fiar o noso futuro nas mans dos recadeiros de Casado, Sánchez ou Iglesias".

Antes da declaración do estado de alarma, Miranda acudira a Ourense para recalcar a importancia dun cambio político en Galicia, enumerando os recursos que, á vista da formación nacionalista, o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desperdiciara. A candidata por Ourense reafirmou onte que "se iso onte era unha necesidade, hoxe é unha cuestión vital".

Por outra banda, Presas explicou que a crise do coronavirus fixo que se vise a mellor cara de persoas e organizacións, pero que tamén existen exemplos do contrario. "Precisamos un goberno galego sen ataduras, que faga o que non fixo Feijóo nos últimos 11 anos, e que obedeza exclusivamente ao interese de Ourense e de Galicia", afirmou a candidata por Ourense, presentándose como única opción viable para facer valer Galicia e Ourense nas negociacións que veñan no futuro.

A candidata por Ourense eloxiou o traballo da súa compañeira no Parlamento Europeo e enumerou as reivindicacións máis destacadas do BNG en Europa.

Presas concluíu con que "este 12X queremos 'Anamirandizar' a Xunta de Galicia e multiplicar a defensa de Galicia no ámbito europeo"e adiantou que para saír adiante da crise "hai que reforzar o sistema público de pensións ou os dereitos sociais", así como que o BNG comprométese a esixir voz propia para Galicia en todas as negociacións no eido europeo "para que nonpaguen os de sempre". 

As nacionalistas tamén pasaron por Verín e a Raia

Pola tarde, Miranda e Presas achegáronse á Raia, onde xunto ao tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, lembraron a importancia do paso fronteirizo Chaves-Verín e puxeron á comarca como exemplo de resistencia "nunha provincia que presenta un grave problema de despoboamento".

Te puede interesar