O BNG reclama con urxencia unha brigada para emerxencias

O BNG do Carballiño mostra a súa preocupación pola situación do dispositivo de desmantelamento da Protección Civil no Concello do Carballiño e bisbarra, 'xa que o prometido parque de bombeiros non está en funcionamento e coa chegada do inverno é necesario que os veciños contemos con este servizo para tratar de minimizar
calquera situación de emerxencias', sinala.

Refírense os nacionalista ós posibles accidentes de calquera índole, inundacións, efectos dos vendavais o inicio do curso escolar, entre outras emerxencias.'Dende o BNG instamos ó equipo de goberno e o alcalde do Carballiño á contratación de persoal cualificado para prestar este servizo tan básico e necesario, conclúen.

Os efectivos viñan atendendo as emerxencias do municipio e tamén acudían as que se rexistraban na comarca.

Te puede interesar