Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
CRÓNICA
Aínda que hoxe é o Orgullo LGBT, semella que non pasa un día sen que o colectivo teña razóns para esixir que cumpran os seus dereitos fronte ás agresións, a discriminación e a censura. Desta opinión é o actor Davide González, que esta noite, ás 21,00 horas, ofrece danza, música, reflexión, empatía e brillos no Teatro Principal.
Con Vanesa Sotelo na dirección, González protagoniza “Microspectivas dun Marica Millennial” (MMM), un espectáculo de “re-construción” dende a memoria. “O termo ‘microspectiva’, ideado por Vanesa, serviunos para crear un espectáculo que mira dende o nivel ‘micro’ ou persoal ata o colectivo e global”, explica González.
Segundo o actor “é unha obra, en parte, autobiográfica, dunha infancia marcada pola heteronormatividade”. A proposta de MMM nace nas residencias de investigación do colectivo RPM en 2019: “Comezamos a falar das nosas fotos vellas e de como estas reflectían os nosos corpos; de como aprendimos a amosar unha maneira de ser para sobrevivir”, lembra, sinalando xestos e actitudes que, por non adecuarse aos roles de cadanseu xénero, lles censuraban.
A partir de rememorar, “todo encaixou”. Algunhas pezas tratan actitudes no seu fogar: “Os meus pais son carniceiros, polo que sempre me sorprendeu ver como eran capaces de cortar a carne e meter as mans nas vísceras dos animais, e, porén, o difícil que era metelas nas nosas vísceras a nivel emocional”.
Con esta proposta, a obra recibiu dous Premios María Casares no 2021: un ao Mellor Actor Protagonista, e outro ao Mellor Texto Orixinal, galardón que comparte González con Sotelo, a súa socia na compañía Incendiaria.
Cos talentos do escenógrafo Carlos Alonso e o da iluminadora Laura Iturralde, dan un “espectáculo de transo” para “activar un interruptor” nos espectadores: “A idea é que non saian igual que entraron e gañen a vontade de facer un presente máis agradable”.
A través dos símbolos da escama e a pluma, convertidos en abelorios e boas, ademais da apropiación do termo pexorativo “marica”, González reivindica unha memoria histórica iniciada polas pioneiras do activismo LGBT nas revoltas de Stonewall en 1969.
Unha historia que, recalca González, está marcada polo sangue: “Unha referencia ás flores das nosas caídas, as vítimas de asasinatos e ás mortes de activistas”.
Con todo, González non sabe dicir se dende a xénese da obra, en 2020, a situación do colectivo é mellor: “Segue a haber moito discurso de odio contra o diverso e diferente”. Porén, intenta ser optimista: “Pero tamén estamos para isto, para botar purpurina!”
Sobre a data da función, o actor cre que “é fantástico compartir a experiencia con Ourense no Día do Orgullo”. Porén, insiste en que “tamén é imporante facer este espectáculo fóra desta efeméride”.
Polo de agora, González ten claro que hoxe vai pintar un arco da vella na bancada: “Queremos que o maior número de xente veña ao Principal para enchelo de cor”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"