Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Se buscan Daoiz y Velarde
TÍA MANUELA
Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se vía nada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para as tradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a xeada, retirábao con soltura, con toda a axilidade que podía. Non sabía moi ben quen era, opinaba, miraba, escoitaba e calaba. Segundo o seu pensar, os xéneros masculino ou feminino veñen marcados polos conceptos que a sociedade establece, marca e obriga. O seu bico retirado, xa está silenciado, escondido e retraído.
Co apoio da tecnoloxía e da ciencia, os fabricantes serán quen de adecuar o produto ás esixencias da demanda"
O xénero identifica e describe os roles e conxunto de características, comportamentos, funcións e valoracións socioculturais que parecen apropiadas para cada un dos sexos nunha sociedade determinada. Así o di o dicionario da Real Academia Galega, aínda que hai quen discrepa de tal dicir. Moitos pensan que o xénero é como unha construción social, polo tanto cada sociedade pode crealo e, xa que logo, modificalo cando lle pareza oportuno ou cando o considere conveniente. E, vostedes amigas e amigos lectores, que pensan?
Aquel corpulento e grande amigo, no último congreso no que participou, estaba abstraído por un pensamento continuado e profundo. Se podemos unir unha célula reprodutora masculina con outra célula reprodutora feminina, poderemos conseguir un cigoto que se desenvolva como un embrión, nun laboratorio acondicionado e adaptado ou nunha fábrica de grandes (ou pequenas) dimensións, cunha produción aquilatada ás necesidades da sociedade á que serva.
Co apoio da tecnoloxía e da ciencia, os fabricantes serán quen de adecuar o produto ás esixencias da demanda. Naturalmente, a selección sería suficientemente selectiva para que as novas sociedades tiveran predestinado o seu futuro, en tódolos aspectos e modos.
Chegaremos a ese momento no que todo se fabrique en talleres artesanais ou en complexos espazos dirixidos, alimentados e controlados pola máquina de contar e operar con milleiros de milleiros de díxitos en poucos segundos. Faremos (farán) a xente á medida, chegaremos a onde non se sabe.
A Tía Manuela, ten o seu propio parecer: “Cómpre seguir respectando os valores e as aprendizaxes da infancia e, se é posible, mellor que non sexan fillos da máquina”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Se buscan Daoiz y Velarde
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ignorante o mentiroso
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Todo lo que ya no existe con Sánchez
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Premeditación y alevosía
Lo último
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Retrato del criminal víctima
INCLUIRÁN EL GALLEGO EN SUS OBRAS
Una pareja cambia Gandía por Rairiz de Veiga para crear videojuegos en Gatatruko Studio: "Es la mejor decisión de nuestras vidas"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 3 de septiembre?