O Campus acolle a asemblea dun proxecto europeo da alimentación
O Campus de Ourense acolleu onte a asemblea xeral do proxecto europeo Wheatbiome. Os socios desta iniciativa déronse cita para facer balance dos seus avances no reto de deseñar novos alimentos e sistemas agroalimentarios empregando o potencial microbiano e centrándose no caso do trigo. Na iniciativa participan 13 institucións de Hungría, Polonia, Lituania, Holanda, Portugal e España, entre elas, a Universidade de Vigo.
A asemblea celebrouse na Facultade de Ciencias e contou coa participación de arredor de 40 investigadores. Expuxeron o estado de execución de cada liña de actuación do proxecto, segundo detallaron fontes universitarias, e tamén tiveron a oportunidade de coñecer o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación do Campus. Unha das coordinadoras de Wheatbiome, Rosa Pérez Gregorio, pertence á Universidade de Vigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EMPATE CON CABO VERDE
Los estrenos para olvidar de España en los mundiales
Guerra en Ucrania
El G7 reforzará las sanciones al gas y el petróleo rusos
OBITUARIO
Adeus a Lola, a tecedora de afectos