Charo Lopes: "Non me gusta facer poemas elitistas, ‘Álbum' é descritivo"
ENTREVISTA
Charo Lopes (Boiro, 1988) é a gañadora do XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense
Recibirá 6.000 euros e publicarase o seu poemario. “Estou contentísima e agradecida de que den espazo para a edición de libros, é unha dotación importante e permite a publicación en portugués. Escribo en reintegrado e isto é unha mostra do respecto que teñen pola miña forma de expresión”, di a premiada. Aínda que estudou xornalismo, Lopes adícase á fotografía, concretamente é retratista. Formouse nesta disciplina na escola Antonio Faílde, onde formou parte da creación da revista “Caleidoscopia.gal”. O xurado do certame, impulsado polo Concello de Ourense, valorou a “claridade nítida” da obra, que se presentou co nome de “Álbum”. A súa proposta impúxose a un total de 49 candidatos.
“Álbum". Que imaxes recrea o seu poemario?
Fun combinando poemas numerados con outros que son como descricións de fotos. Apetecíame recrear a idea de "fotobiografía", dun punto de vista non intimista pero si social e comunitario. Eu son fotógrafa e teño moita influencia da cuestión máis visual.
O xurado valora a súa “claridade”.
Non sei, creo que me gustou falar máis do descritivo, entrar nas profundidades do que permitía a gramática.
Dalgún xeito, unha poesía menos afastada, esa que a veces parece para pequenos círculos?
Si, non me gusta a pretensión de escuridade para facer o poema elitista. Paréceme que pode haber moitas camadas de lectura dependendo das referencias que teña o lector.
É un poemario que pode chegar a un público máis amplo, non?
Iso me gustaría a min, que non se convirta nun produto de consumo elitista. E a fotografía todo o mundo a interpreta. Aínda que haxa persoas con coñecementos específicos que fagan unha análise máis profunda.
É o primeiro poemario?
Teño outro libro publicado, “De como acontece o fin do mundo”. Gañei con el o premio de poesía Fiz de Vergara Vilariño no 2015.
Que evolución hai entre os dous textos?
Xa pasaron uns anos e penso que é bastante diferente. Hai un pouso da perspectiva política que se mantén. Pero o outro era máis épico. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCCIÓN VITIVINÍCOLA
Las heladas tardías provocan daños puntuales en las vides de la D.O. Monterrei
Lo último
Manuel Orío
RECORTES
El socialismo histórico
POR UN DESPISTE
Acepta una multa por un atropello mortal en O Barco
PRIMERA FEB
Derbi entre dos polos opuestos: COB y Obradoiro
"NO VA A DIMITIR"
María Dibuja, exedil de DO: “Lo sabían y nadie hizo nada”