O Concello de Ribadavia axuda a buscar emprego por internet

O departamento de Servizos Sociais de Ribadavia pon en marcha, o próximo 21 de xaneiro, o primeiro curso de búsqueda activa de emprego a través de internet, que se prolongará ata o día 1 de febreiro e terá unha duración de nove horas.
As clases impartiranse na Casa da Cultura e está dirixido a persoas con distintas problemáticas de orden social (desestructuración familiar, alcoholismo ou parados de longa duración, entroutras) que reciban ou foran susceptibles de obter unha axuda económica de integración social como o paro, axuda familiar, Renda de Integración Social de Galicia (Risga) ou a Renda Activa de Inserción (RAI).

Os contidos, serán eminentemente prácticos, abordando a realización e actualización do currículo vitae e carta de presentación; remisión e seguimentos dos portais de emprego en internet; tamén se darán a coñecer os servizos de intermediación laboral (públicos e privados) e traballarase na búsqueda, análise de empresas e ofertas de emprego, entroutros temas.

Dado o contexto socioecómico actual, a previsión é de realizar dúas edicións máis do curso de búsqueda activa por internet ó longo do vindeiro mes de febreiro.

Te puede interesar