Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
RURAL
Os concellos de Ourense recibirán unha axuda total de preto de 3,7 millóns de euros para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, presentou esta mañá os detalles desta iniciativa aos alcaldes da provincia. Ángeles Vázquez destacou que esta intervención nos camiños enmárcase no obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros obxectivos o da cohesión territorial. Intégrase no Plan de fixación dotado cun total de 231 millóns de euros.
A posta en valor de vías rurais permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous anos, segundo explicou a conselleira aos rexedores municipais. Trátase, dixo, de facilitar a accesibilidade a fincas e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación, unhas actuacións para as que se dedicarán 16 millóns de euros no conxunto de Galicia, cunha porcentaxe de axuda do 100% dos gastos subvencionables, agás o IVE, que correrá a conta dos concellos.
A titular de Medio Rural explicou ademais que o reparto destes fondos fixóse de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación ou a ruralidade. Na seguinte táboa indícase o orzamento por concellos na provincia ourensá:
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"