Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
PREMIO TRASALBA
O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz recibiu onte o premio Trasalba, outorgado dende hai 32 anos pola Fundación Otero Pedrayo e entregado na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro), onde se ubica a casa-museo de Ramón Otero Pedrayo.
A entrega do galardón, que contou coa presenza dun nutrido número de persoeiros da cultura galega, así como autoridades políticas, foi un emotivo recoñecemento ao labor literario dun dos máis destacados narradores dos tempos actuais en lingua galega, en especial no eido da novela infantil e xuvenil, así como un grande defensor da presenza do galego nas aulas, formando parte activa dos movementos pedagóxicos de renovación do ensino tralo fin da ditadura franquista. O acto foi introducido polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o presidente da Fundación, Víctor Fernández Freixanes, que coincidiron á hora de salientar o papel do galardoado como difusor da lectura de obras en galego. "Hai varias xeracións que aprender cos libros de Agustín Fernández Paz", recordou Freixanes, engadindo que o vilalbés "é un dos nosos referentes máis universais e con proxección internacional máis importantes".
Foi o presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), Francisco Castro, o encargado de facer a laudatio do homenaxeado, amigo persoal seu, do que loubou a "forza coa que cre que o mundo pode cambiar a mellor". Insistindo no seu compromiso co ensino de calidade en galego, Castro aplaudiu o carácter "humilde e próximo" de Fernández Paz. "El sabe que dende Galicia se poden conseguir lectores por todo o mundo", dixo o presidente de Gálix.
Antes de recoller o premio -una escultura de Buciños que representa a figura de Otero Pedrayo e un exemplar do libro "Na casa da esperanza", editado na súa honra con motivo da concesión deste premio-, Agustín Fernández Paz ofreceu unha emotiva alocución na que recordou o seu descubrimento da literatura galega e os seus esforzos por facer chegar todo o escrito na lingua de Galicia a todos os mozos. "Hai que facer do galego unha peza do mosaico mundial das culturas", sinalou o escritor, que sinalou que "escribir e ler nunha lingua minorizada supón serios problemas de visibilidade, tanto na nosa sociedade como na posibilidade de seren traducidos a outras linguas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"