O escultor Manuel Buciños recibe o sábado o Premio Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo entregará este sábado o Premio Trasalba 2020 a Manuel G.Buciños. Este acto, que fora adiado pola pandemia, celebrarase ás cinco da tarde coa presenza exclusiva de familiares e achegados, membros da fundación e medios de comunicación. Buciños é o galardoado nesta edición tras  adicar toda unha vida a esculpir ducias de pezas, conformando un estilo propio ben definido e posicionándose como un dos principais renovadores da arte galega contemporánea. 

Ademais, durante o mesmo día e tamén en Trasalba, levarase á cabo ás 18,30 horas unha reunión ordinaria do pleno do patronato da fundación, onde figura entre os puntos da orde do día a elección do seu novo presidente. Ámbalas dúas actividades celebraranse ao aire libre ou no seu salón de actos en función da climatoloxía. 

Xaquín, o primeiro

A Fundación Otero Pedrayo, creada por mandato testamentario do propio escritor galego, encárgase de manter e difundir o legado deste autor e os demais persoeiros da  xeración Nós, coma Losada Diéguez, Castelao e Vicente Risco. Co premio Trasalba, unha das  súas principais iniciativas, veñen recompensando ininterrompidamente a traxectoria de diversas figuras  da arte desde 1983, cando foi premiado Xaquín Lorenzo.

Te puede interesar