ENTREVISTA | VIDA

Héctor Outeiriño, paixón por seguir crecendo

Ourense. 13-10-17. Vida. Portada e venia a Héctor Outeiriño.
Foto: Xesús fariñas
photo_camera Héctor Outeiriño.

Cando chega de traballar a casa pola noite, colócase no seu escritorio e esquécese do mundo co pincel na man. Recoñece que durme pouco, pero tamén que ben merece a pena a alegría de dedicarse a que é a súa paixón dende moi pequeno.

Non dubida en responder que os mellores encargos son aqueles que lle piden con ilusión e cariño, e ese é o seu motor favorito dende o 2010, ano no que se atreveu a comezar a vender as súas creacións

O trazo que ten ao debuxar, nácese con el ou apréndese?

Hai unha mistura das dúas, é dicir, hai algo que ti tes, que se che da ben e logo vas perfeccionándoo. Pero ese don xa o tes que ter dende o principio da vida, eu creo, aínda que logo aprendas e o traballes moito máis.Ourense. 13-10-17. Vida. Portada e venia a Héctor Outeiriño.Foto: Xesús fariñas

Cando se deu conta do seu don coa pintura?

Dende ben pequeno, a verdade, pero foi miña nai quen o fixo florecer. Púxome papel nas paredes para que non llas pintase e puidese facer o que a min me apetecía. E a partir de aí... seguín sempre pintando, crecendo e interesándome no mundo do debuxo.

E como foi a súa evolución? 

Todo foi autodidacta ata que entrei na Escola de Artes Antonio Faílde, na que puiden encauzarme máis e descubrir máis estilos e técnicas. Durante os dous anos nos que estiven alí abríronse moitos horizontes, coñecín cousas que agora podo empregar ou que me axudan a innovar. 

Ten influencias doutros artistas?

Sempre se teñen porque ves cousas que che gustan e te motivan a aprender ese tipo de técnicas. Eu motívome ao ver estilos ou xeitos distintos de traballar, porque pódenme facer mellorar na miña paixón. Particularmente, son moito de Leonardo Da Vinci, encántame. Paréceme un fenómeno, sempre intentando evolucionar como creador e como pintor. 

Diría que o debuxo é unha afección ou quédase corto?

É unha paixón, saca unha parte de mí que cando acabo de facelo e me quedo satisfeito, éncheme por completo. Para min o ideal sería poder convertilo na miña profesión, pero... (ríe).

Traballa sempre pOurense. 13-10-17. Vida. Portada e venia a Héctor Outeiriño.Foto: Xesús fariñasor encargo? De que tipo?

Normalmente sí, fago os debuxos por encargo. Pídenme de todo tipo, pero si é certo que á xente fanlle moita ilusión os retratos de nenos, porque a tenrura e inocencia propias da infancia quedan reflexadas nos cadros, e emociona. Tamén nalgún momento me teñen pedido retratos de falecidos. 

Como é o seu proceso creativo?

A maioría das veces traballo a partir dunha foto, é o que intento utilizar como referencia. Ademais, como non coñezo á persoa que retrato, pido información sobre ela. É dicir, igual na imaxe que me envían sale moi seria e logo resulta que é unha persoa extrovertida. A min gústame encauzar o debuxo á personalidade da xente, para que sexa especial e teña sentido. 

Cal é o traballo que máis ilusión lle fixo ata o momento?

Un encargo que fixen a aerógrafo, para unha chica veterinaria. Ela levaba moito tempo tendo un cabalo, e por unha enfermidade, o animal faleceu. Escollimos unha imaxe na que lle está dando un bico, porque é moi significativa. Involucreime moito no traballo, coma se a coñecese a ela, e de feito contáronme que se emocionou moito cando o recibiu. 

Que técnicas son as súas favoritas?

Acuarela e aerógrafo, na maioría, aínda que tamén fago algo de lápiz. Gústame tratalo todo e ir avanzando e descubrindo novas técnicas. A miña principal motivación é crecer e aprender máis. 

Te puede interesar