Un inversor interésase polo vello cárcere

A Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, financiará con un total de 680.000 euros, distribuídos en tres anualidades, diferentes accións que se contemplan no Plan Estratéxico de Turismo Termal de Ourense (PET-OU).
A secretaria xeral, Carmen Pardo, reuniuse coa concelleira de Turismo de Ourense, Ana Garza, para tratar os termos e as accións baixo as que se desenvolverá o convenio. A Xunta lembra que o Plan foi un proxecto que naceu no seo do Plan de Dinamización de Produto Turístico que deixou comprometido no ano 2005, e que pretende convertir a Ourense na capital termal de Galicia e España.

O convenio incluirá accións, cuxas propostas estarán relacionadas coa valorización da cidade no eido termal. Ademais a Secretaría Xeral colaborará co Concello no plan de captación de inversións hoteleiras. De feito, en breve e tras xestións realizadas por Turismo, un posible inversor visitará a cidade e, en concreto, a posibilidade de que o antigo cárcere poida convertirse en hotel balneario. Con esta medida preténdese que, en contacto co Concello de Ourense, se establezan e comuniquen posibles condicións para a rehabilitación e explotación do inmoble.

Te puede interesar