JUICIO EN LA CIUDAD
Condenado por talar 15 robles que no eran suyos en Ourense
Campus de Ourense
Investigadoras da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA). Concretamente, traballan na posta en marcha dun obradoiro de elaboración de conservas de tomate no centro que esta fundación ten en Castro Navás (Nigrán). As profesoras Inmaculada Franco, da Área de Tecnoloxía dos Alimentos, e Raquel Rial, da Área de Nutrición e Bromatoloxía, son as que coordinan a participación da UVigo, completando o equipo as tamén docentes do Departamento de Química Analítica e Alimentaria Elena Falqué, María de la Concepción Pérez e Beatriz Cancho.
A formación vai dirixida a un grupo de 5-7 usuarios e monitores da entidade que traballan no citado centro en Nigrán. As investigadoras do campus subliñan que “a través destes obradoiros se pode contribuír a que estas persoas con trastorno do espectro autista poidan insertarse no mercado laboral, axudando así ao seu desenvolvemento persoal”. Tras a experiencia, tamen dixeron que a Universidade “non pode vivir de costas ás necesidades da súa contorna e estamos moi ilusionadas con este proxecto”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
La piel fina
MUCHO EN JUEGO
Un Clásico entre FC Barcelona y Real Madrid que vale oro
La Región
Chimpín