Pintor

JOSÉ CID SIERRA: 'Comencei a pintar porque os xubilados temos que entreternos'

José Cid
A relación de José Cid Sierra coa pintura comezou hai case unha década. Xa xubilado, decidiu recibir clases de pintura como un dos pasatempos perfectos. Todo este traballo comeza agora a dar os seus froitos. Hoxe pola tarde, ás 20 horas, inaugura a primeira exposición da súa vida no Liceo de Ourense. Alí permancerá ata o próximo xoves, día 15.
Que obras presenta nesta exposición?
Hai todo tipo de técnicas, como óleo, pastel, fotografía... Sobre todo son retratos nos que destacan as figuras femininas, porque para min a muller é unha fonte de inspiración, aínda que tamén se poden ver outros personaxes.

E por que escolleu o Liceo para a súa primeira mostra pictórica?

Eu son unha persoa á que lle gusta a tradición e o Liceo é para min un sitio con tradición. O realismo foi a corrente que me introduciu a min na pintura e aquí este espazo paréceme axeitado para os meus cadros.

Nese sentido, é o realismo a corrente coa que se sente máis identificado?

Si, é a que máis me gusta.


Como comezou vostede a pintar?

Foi con 67 anos recén cumpridos e xa levo agora nove anos pintando. Comecei a pintar coa xubilación porque os que xa estamos retirados temos que ter algunha cousa coa que entreternos e a min non me gusta andar nos bares. Antes nunca collera un pincel, de profesión fun xastre, estiven á fronte dun comercio máis de medio século. Un día estaba no Fogar do Pensionista, vin a unhas mulleres que facían manualidades e decidín ir con elas. De alí pasei á pintura, onde me deu clases Manuel Araújo, El Chileno.

Precisamente esta tempada estou reproducindo 'La dama del armiño', de Leonardo Da Vinci. Aínda que hai moitos pintores que me gustan, este é un dos meus favoritos.

Te puede interesar