Diputación de Ourense

A Deputación de Ourense comprométese co legado do profesor José Paz

O máximo estudoso da obra de Tagore recibiu a título póstumo a Medalla de Ouro da provincia

O profesor ourensán José Paz (1948-2021), un dos máximos estudosos da obra de Tagore, recibiu este venres, a título póstumo, a Medalla de Ouro da provincia que outorga a Deputación de Ourense. Este recoñecemento distingue “a un insigne ourensán que decidiu consagrar a súa vida ó ensino e á investigación, un pedagogo que fixo da súa vocación un arte”, asegurou Manuel Baltar, presidente do goberno provincial, durante o acto. Paz introduciu o concepto de ludoteca en Ourense, a través do programa Ourense Lúdico, desenrolado durante 18 anos co apoio da Deputación. Implicouse coa Festa dos Maios ou o Magosto e defendeu o Teatro Principal cando quixo privatizarse. 

No acto lembraron a vertente de dinamizador cultural e social de Paz, remarcando “a súa estreita vinculación ó Cineclube Padre Feijóo - cando se cumpren 50 anos da clausura da primeira Semana do Cine de Ourense, pioneira en Galicia e xérmolo do OUFF”, en palabras de Baltar, que tamén fixo fincapé nos anos cos que a Deputación colaborou co Ourense Lúdico.

Enorme creatividade

O presidente da Deputación lembrou a súa última reunión con José Paz, en xaneiro de 2021. Lembrou que o desexo do profesor ourensán “era sumar apoios institucionais e mecenazgo privado para establecer en Ourense un centro de investigación onde depositar o seu valioso legado bibliográfico para que as novas xeracións continuasen estudando e analizando, dende Ourense e á luz do século XXI, a enorme creatividade e o singular pensamento de quen foi distinguido co Premio Nobel de Literatura en 1913”. Neste senso, Baltar amosou o ”compromiso de traballo” para contribuír á rede de Centros Tagore espallados polo mundo.

David Paz, fillo: “A fortuna  axuda a sobrelevar a ausencia”

No acto estivo presente a viúva de José Paz, Ana María Nóvoa; os seus fillos Jorge, David e Nuria; a súa nora Marta e un neto. En representación da familia, David Paz, sinalou “o agradecemento a todas as persoas quempulsaron este acto de xustiza, a pena pola ausencia do meu pai, a persoa que tiña que estar aquí recollendo esta medalla; e fortuna, esa palabra que axuda a sobrelevar a ausencia, porque todas as persoas que convivimos con el podemos sentirnos afortunados de ter a Pepe Paz”.

Entre outras personalidades, acudirono presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; senadores, deputados provinciais; representantes do mundo da universidade e a cultura; familiares e amigos do homenaxeado como Isaac Alonso Estraviz -tamén Medalla de Ouro da provincia- ou José Luis Fernández Carnicero.

O catedrático de Matemática Aplicada na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo, Iván Area, foi o encargada de ler a laudatio, destacando na súa intervención o perfil social, cultural e político do homenaxeado. 

Te puede interesar