Unha librería de Ourense abre o seu “inferniño”

Alberto Canal presenta mañá ás 20,30 horas a súa última novela, “Carolina”, a historia dunha maquis que non pretendía selo. Faráo dun xeito orixinal, lembrando as trastendas prohibidas das librerías de antano, ás que chama “inferniños”.

Alberto Canal, autor de “Carolina”.
Alberto Canal, autor de “Carolina”.

Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967) presentará mañá ás 20,30 horas a súa novela “Carolina” (editorial Xerais) dun xeito orixinal. O escritor, marcado pola historia de Carlos Vázquez, fundador da mítica libraría Tanco que forneceu de libros prohibidos polo franquismo a moitos libreiros, conta a historia dunha maquis que non pretendía selo pero terminou converténdose en fuxitiva no Macizo central: Carolina Ernau.

Canal, que lembra os chamados “inferniños”, as trastendas das librarías, impulsa mañá unha especie de representación de danza, música e narrativa que achegará ao público a “Carolina” pero tamén a aquel ambiente de lugares clandestinos. A cita será na librería Eixo.

“É un xeito creativo de achegarse aos lectores. Nas trastendas tiñan eses inferniños e queremos facer a presentación coa librería pechada, case a escuras, simulando una librería clandestina”, explica o autor.

A representación será entre os propios libros e tocarán cancións coa temática de “Carolina”. “Haberá máis sorpresas”, anima Canal ao público.

"Carolina"

A segunda influencia de Alberto Canal, ademais da librería Tanco, foi unha muller. “Hai 20 anos coñecín a unha anciá ourensá que traballara como enxeñeira para os nazis nas minas de Vilardevós, que me inspirou a personaxe de Rosalía Mera, que é quen conta a historia de quen, a principios dos corenta, foi a súa mordoma: Carolina Ernau”, explicaba o escritor ourensán cando “Carolina” saíu do forno.

Contenido patrocinado

stats