Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Luís Seara, candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Alcaldía de Ourense, falou en Telemiño sobre a actualidade municipal e sobre a súa viaxe ás institucións europeas en Bruxelas para mostrar a situación da cidade.
Por que viaxou a Bruxelas?
Para dar traslado da situación de Ourense, especifícamente da situación da zona histórica, e porque estamos verdadeiramente preocupados da situación de degradación. Hai que ir a petar as portas alí onde se poden obter recursos e compromisos para o futuro.
E que atoparon alí?
Atopamos complicidade, empatía e moitísimo interés pola situación. Quedaron verdadeiramente asustados. Non podemos resignarnos a que isto siga así, e por tanto tiñamos que dar un paso adiante e facer o que ten que facer o goberno municipal. Estase falando moito de introducir elementos de dinamismo cultural en espazos da cidade, empoderar a xente, que se sinta partícipe e protagonista. Non consiste simplemente, como di algún candidato, en xestionar. Hai que transformar a realidade para mellorar a calidade de vida.
En Ourense estase gobernando ás costas da administración, tamén de Europa. É reversible?
Absolutamente, acabamos de comprobalo. Acabamos de abrir vías de diálogo para o día seguinte das eleccións. Está ben asfaltar, cambiar as luces das farolas; pero a política é moito máis. Hai zonas que están nun proceso de degradación, imos ter problemas serios. Non digo xa demográficos, senón de seguridade pública. Hai proxectos para rehabilitar edificios, pero hai que dinamizar e revitalizar a zona histórica e o conxunto do concello.
O BNG fai bandeira do que sucede en Allariz e Pontevedra. Ese cambio é posible en Ourense?
Pontevedra é o paradigma. Entraban todos os días 25.000 vehículos. Tomaron decisións valentes que nun primeiro momento tiveron contestación, pero iso permitiu humanizar a cidade e provocou dinamismo social, económico e que aumente a calidade de vida. Temos que traballar en rede, vendo cales son as experiencias noutros concellos que son claramente transformadoras e ver en que medida poden ser proveitosas para Ourense.
Preocúpalle o estado das contas do Concello?
Estase dilapidando diñeiro público. Ten que haber festas? Por suposto, de feito había festas antes. E boas. Pero a cultura tamén é un elemento da dinamización económica. Cando cheguemos, probablemente teremos que levantar as alfombras para ver como están as contas, pero creo que sería un problema relativo. Apostamos por un modelo de colaboración en rede e por un modelo que permita recadar fondos e apoios económicos para desenvolver programas que axuden a dinamizar o concello. Hai que petar noutras portas.
En caso de que o BNG non chegue á Alcaldía, pactará?
Queremos ser cautos, nós aspiramos a gobernar, esperemos a que falen as veciñas e veciños. O BNG foi e será un dique de contención contra o PP en todas as súas formas: chámese PP xenuíno, chámese Democracia Ourensana ou chámese Pepe Araújo. A partir de aí, o BNG foi un exemplo de oposición construtiva. Apoiamos iniciativas do goberno municipal; nós estamos nas antípodas, pero apoiamos medidas que mobilizaron máis de 100 millóns de euros. E presentamos unha cantidade inxente de iniciativas. Se non fose posible gobernar, imos facer o posible para que a Ourense lle vaia mellor.
O BNG ten moito contacto cos veciños, pero que pasa co resto de institucións, cal é a relación?
O traballo institucional é a última parte do traballo político. Primeiro, recoller as demandas da veciñanza e logo trasladalas á institución onde se deberían resolver a maior parte. Co resto das institucións ten que ser igual, ten que haber unha relación de interlocución permanente. A política ten que ser útil, e nesa medida estamos contribuíndo a rexenerar a política e a vida política, tan denostada nos últimos tempos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea