Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
UNIVERSIDADE
Os V Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense - Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense- destacan a capacidade creativa da provincia e a cooperación nos diferentes ámbitos, público, privado e académico. No acto de entrega dos premios que tivo lugar na Aula Magna "José Ángel Valente" da FCETOU, participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a decana da facultade, Elena Rivo; o decano do Colexio de Economistas, Guillermo Díez, e o conselleiro delegado de UNVI, Eloy Pérez, quen ofreceu un relatorio sobre a traxectoria e a experiencia de éxito da súa empresa familiar.
O presidente da Deputación de Ourense describiu o acto no que defendeu a Ourense como "un territorio de innovación e ideas de éxito, que nos caracteriza como terra emprendedora".
Na clausura do acto, o presidente do goberno provincial expresou aos alumnos da facultade "a relevancia das empresas punteiras que temos na provincia de Ourense, por iso, falar de economía é importante, pero máis aínda o é falar das persoas, dos emprendedores que fixeron e fan posible que proxectos de éxito empresarial ideados, desenvolvidos e impulsados desde Ourense sexan unha realidade en moitas partes do mundo". Manuel Baltar citou exemplos de cooperación como o que mantén a Deputación coa CEO no marco do Plan Exportou para colaborar na internacionalización de empresas ourensás, e tamén remarcou a importancia de contar co Observatorio Económico Ourensán e co Inorde, "instrumentos de apoio e guía para ao emprendemento e o desenvolvemento empresarial na nosa provincia".
O presidente rematou afirmando que a Deputación "estará sempre ao carón de propostas que redunden no beneficio de Ourense" e animou aos alumnos a seguir "no camiño da investigación, o traballo e a creatividade".
Como colofón ao acto tivo lugar a entrega dos galardóns de Fin de Grao, unha convocatoria na que colabora anualmente a Deputación de Ourense e que este ano premiou traballos referidos á vivenda, aloxamento hoteleiro, control de xestión, marca "Q" de calidade turística e competencia.
O primeiro premio no Grao en ADE foi para Iván Míguez Álvarez polo traballo "Factores determinantes do prezo da vivenda da cidade de Ourense", e os accésit neste grao foi para Estefanía Hermida Hermida por "Jefes de servicio y sistemas de control de gestión", e para María Teresa Cid Morales por "La colusión y los acuerdos horizontales". No que atinxe ao Grao en Turismo o primeiro premio foi para Andrea García González por "Estudio sobre la aplicación del Capital Intelectual en las empresas de alojamiento hotelero de alta categoría en Galicia", e o accésit para Sofía Díaz Caride por "La imagen de la marca "Q" de calidad turística".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas