PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
O presidente do Parlamento galego e número catro do PP na provincia, Miguel Santalices, explica que xógase Galicia o domingo e cales son as claves das eleccións.
Que sensación tes fronte as eleccións do domingo?
Sinto que o meu grupo nesta provincia está traballando moi intensamente, tamén teño a sensación de que os cidadáns precisaban acercarse e que se lle explicaran algunhas cousas nas que había certa confusión e creo que nesta campaña está a facerse un traballo interesante.
Que había que explicar?
Como determinadas cousas a nivel nacional poden ter unha repercusión importante na nosa comunidade. Por exemplo, condonación de débeda ou algunha xestión que se está a facer na que se separa o Estado español, o cal ten unha repercusión grande en temas tan importantes como a solidariedade nacional en pensións ou no sistema sanitario. Ademais, eles queren un sistema de financiamento baseado nos balances fiscais fronte a nós que queremos que estea baseado nos dereitos dos cidadáns.
Que se xoga Galicia o domingo?
Manter unha xestión adecuada de servizos públicos como educación ou sanidade e estar dentro dun Estado e seguir mantendo o sentimento de ser galego, español e europeo. Polo que Galicia xógase un futuro a nivel de xestión de servizos básicos e que manteñamos unha unión dentro do conxunto do sistema español.
Como chega o PP ao 18F?
Nun momento de moita reflexión a nivel nacional porque vemos o que está pasando e ante isto o PP chega cun discurso claro que é moi trasladable a comunidade autónoma. Ademais, temos un presidente en Galicia como Rueda que fixo unha xestión moi acertada, ten unha gran proximidade e chega nunha etapa de gran ilusión para seguir facendo as cousas con sentidiño e explicando ben que as cousas que se prometen deben ter un respaldo orzamentario.
Que papel vai xogar Ourense?
Xoga un papel decisivo no resultado final porque é unha provincia que sempre respondeu maioritariamente apoiando ao PP. Ourense vai ser clave para que teñamos os 38 escanos necesarios para gobernar con maioría absoluta. Ademais, a provincia xógase consolidar aspectos nos que somos pioneiros, temos un recurso importante que é o termalismo, xa que temos auga con propiedades curativas e hai determinadas patoloxías nas que resulta ser o tratamento de elección que pode prescribir un especialista. Necesitamos que iso sexa incluído na carteira de servizo do Sistema Nacional de Saúde.
Se non acadan os 38 escanos o domingo, con que partidos están dispostos a pactar?
Eu non vexo ese escenario, somos un partido de base humanista que ten un abanico moi grande dentro do sentimento galeguista e non contemplo que teñamos necesidade de pactar. A xente ten suficiente sentidiño para saber que non tódalas eleccións son iguais e que nun momento determinados necesítase unha seriedade e xestión avalada.
Cre que o BNG se equipara a partidos como Junts ou Bildu?
O que está a facer indica que vai nesa liña. Eu escoitei que aquí se fala de ir cara a unha creación propia na Garda Civil e na Policía e botar os que están agora, ese é un síntoma inicial de que se quere configurar unha independencia dentro do Estado español. O BNG quere ir por unha liña de independentismo e creo que a sociedade galega non o percibe como algo positivo, mais ben todo o contrario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
PERSONAL IMPRESCINDIBLE
O Barco fija los servicios mínimos para la huelga del 11-N
Fernando Lusson
Lo que dice y no dice Feijóo
REUNIÓN DEL EUROGRUPO
El Eurogrupo analizó a los candidatos a dirigir el BCE
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 10 de noviembre