Ocio

A música e a gastronomía marcarán o mes de agosto

ALLARIZ (CAMPO DE VILANOVA). 19/08/2018. OURENSE. Festa da empanada en Allariz. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Festa da empanada en Allariz. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
As festividades reinvéntanse para resistir nun ano difícil para os eventos

O covid modificou o calendario, pero a vida continúa. A pesar da anulación de importantes festas como a da Istoria de Ribadavia, a do Boi de Allariz ou a do Esquecemento de Limia, moitas festividades seguen en pé tras tomar precaucións. Coma mostra, para a Festa do Pemento de Arnoia desta fin de semana. Deben comprarse os tickets con antelación, para que os establecementos non superen os límites de aforo. 

Pola súa banda, desde o Concello de Allariz aseguran que durante a festa da empanada "todos os espectáculos serán controlados, en espacios abertos e cun aforo limitado para asegurar a distancia social".

Tamén continúa presente un ano máis a Festa do Pulpo de O Carballiño, aínda que sexa sen actos oficiais nin concentracións. Pero non falta o polbo cocido en caldeiras de cobre, e condimentado con sal, aceite de oliva e pementa. 

En Entrimo o vindeiro fin de semana celebraranse os IV Encontros Arraianos de Cinema Rural, dirixidos por Aser Álvarez, onde serán, ademáis dun recoñecemento a figura de Carballo Calhero, premiados Manuela Ribeiro e a Asociación Amigos do Couto Mixto "como grandes figuras deste mundo arraiano entre Galicia e Portugal". O director das Xornadas de Entrimo as define como "unha feira contemporánea onde se desdebuxan as fronteiras entre os pobos e también as das artes ". 

Levan anos traballando pola dinamización do rural: "Debemos pensar no futuro. A outra opción é que en dúas décadas moitas aldeas sexan desertos humanos". 

"Hai que entender as crises como oportunidades", reflexiona: "Co covid a xente busca volver á natureza, e Galicia ten un gran potencial agora que se buscan destinos non masificados", recorda Álvarez: "Decatémonos do potencial de zonas como Entrimo". 

Manuela Ribeiro será nomeada arraiana maior  

Desde as Xornadas Arraianas consideran a Manuela Ribeira "o exemplo de cómo desde un pequeno pobo pode facerse un evento tan importante como é a feira do libro de Póvoa de Varzim. É un modelo a seguir para os activistas culturais locais, e de cómo ás veces o éxito é  cuestión de imaxinación e forza de vontade", subliñan. 

Te puede interesar