Nazaré Estévez: "Pese a que hai máis actrices nas películas, non existe igualdad no cinema español"

ENTREVISTA

Acaba de recibir un dos premios María Luz Morales, de ensaio e videoensaio, que entregan a Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas.

Publicado: 08 jun 2017 - 11:23 Actualizado: 08 jun 2017 - 11:25

Nazaré Estévez.
Nazaré Estévez.

A ourensá Nazaré Estévez comparte o galardón ao Mellor Ensaio Escrito Internacional coa súa compañeira Noelia Álvarez. Xuntas realizaron unha análise sobre a representación da muller no cinema español da última década.

Como nace a idea de facer esta investigación?

A miña compañeira Noelia e máis eu queriamos facer un ensaio enfocado aos temas de xénero para presentarnos a este certame. Lendo a prensa atopamos unha infografía coas películas dos Goya analizadas co test de Bechdel. Chamounos a atención e pensamos en enfocar a nosa análise a partir destes premios.

En que consiste este test?

É un test sinxelo, de tres preguntas, para saber se nas películas hai desigualdade ou non en canto a xéneros.

E por que querían facer un estudo sobre o tratamento do xénero no cinema?

Porque as dúas estamos moi interesadas nos estudos feministas, e como estamos licenciadas en Comunicación Audiovisual queríamos analizar o noso sector profesional.

Como comunicadoras audiovisuais e mulleres, o do xénero é unha teima de cara ao seu futuro profesional?

Si, queremos traballar neste sector e este é un problema que nos pode afectar directamente.

Cre que este recoñecemento pode abrirlle as portas?

Si, que se valore un traballo así pode terse en conta, principalmente se continúo enfocada á investigación.

Cales son as conclusións ás que chegaron?

Concluímos que, efectivamente, non hai unha igualdade de xénero no cinema español, pese a que as películas inclúan máis actrices. Analizando a relación entre as personaxes masculinas e femininas vimos que se segue a evidenciar un maior protagonismo dos homes.

Contenido patrocinado

stats