Os socialistas de Piñor denuncian o estado dalgunhas pistas do concello

Infraestruturas

"Xa alertamos da situación hai máis de medio ano e o único que recibiron os veciños, foi a pasividade dun goberno que non atende nin o máis básico", explica o portavoz do PSOE no concello, Francisco Fraga

Estado dunha das pistas do concello de Piñor, onde se aprecian importantes socavóns.
Estado dunha das pistas do concello de Piñor, onde se aprecian importantes socavóns.

Os socialistas denuncian que a veciñanza comeza a arranxar por medios propios os estragos nas pistas de Piñor, tal e é o caso de Vilar, sobre a que o portavoz do PSOE no concello, Francisco José Fraga Civeira, sinala que “xa alertamos da situación hai máis de medio ano e o único que recibiron os veciños, foi a pasividade dun goberno que non atende nin o máis básico. Deixa que as pistas se estraguen e que os socavóns vaian a máis, por efecto do seu uso, pondo en perigo ós usuarios e danando os vehículos”.

Os socialistas indican, ademais, que "o alcalde do PP non só pasa de arranxar casos tan evidentes senón que ten toda a rede de estradas do concello feita un desastre ou con parches que non valen para nada. Isto foi o que pasou no caso doutra pista, a que vai dende A Gouxa á Pallota e que da servizo á parroquia de Coiras, a varios pobos do Concello de San Cristovo de Cea e dos concellos pontevedreses de Rodeiro e Dozón", explica.

Contenido patrocinado

stats