PARO EN OURENSE
Ourense cierra el mejor mayo de su historia para el empleo
Audiovisual
Unha comedia criminal en tempos de virus. "Cuñados", a primeira longametraxe de ficción da produtora galega Portocabo, desembarca en Ourense cun equipo con moita "ourensanía" e unha rodaxe que, a partir do luns, continuará a estela de colocar a provincia como plató de cine con localizacións diversas na provincia. O equipo audiovisual presentou onte no Liceo os detalles deste proxecto, unha comedia costumbrista e familiar sobre as peripecias criminais de tres cuñados unidos polo azar. De telón de fondo, o Clube Ourense Baloncesto xógase o ascenso ao Play Off contra o Breogán. A inspiración non é casual: os recordos de "ourensanía" de parte dos implicados dan forma a esta película ilusionante que se estreará no 2021. A cinta forma parte do grupo de películas seleccionadas na segunda mesa de valoración de cine de RTVE para este ano.
O ourensán Alfonso Blanco "Fosco", produtor, confesou a súa alegría por "voltar á terra despois de anos de rodaxe por aí adiante". Para o responsable de Portocabo, a longametraxe "ten moita ourensanía". "Esperemos que sexa a gran comedia galega", engadiu.Tamén ourensán, Toño López, ompartiu a ilusión por voltar á terra coa que é a súa primeira película. "Estou coma un neno con zapatos novos", dixo.
A actriz ourensá Eva Fernández enxalzou á "terra da chispa". Ao humorista de Carral Xosé Antonio Touriñán tocoulle tirar de retranca e confesarse tamén "ourensán".
Apoio da Deputación
Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense–a entidade apoia a película–destacou a aposta da entidade provincial por "continuar na liña de aposta polas producións audiovisuais en Ourense" e recordou que o Ourense Film Festival cumpre 25 anos nesta edición. Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), destacou a "calidade e a labor de Portocabo difundindo a noso audiovisual a nivel galego, español e internacional".
"Ao ser esta unha película moi conectada ao espazo no que sucede, o equipo atopou neste territorio de contrastes as localizacións ideais. Nel conviven o rural e o urbano, o moderno e o tradicional", engaden dende a produtora.
Cuñados" é a primeira película do ourensán Toño López. Non é novo na industria: dirixiu series de éxito internacional como "Miracle Tunes" ou "Auga Seca".
Tiña claro que ía ser unha comedia?
Si. O proxecto xa estaba encamiñado, a comedia é unha cousa que me atraía.
O da retranca galega empézase a “pillar" fóra de Galicia?
Penso que si, que a retranca galega non se entende de todo fóra pero é atractiva. Se lle collen a metade ou un 20%, xa é interesante. Aínda que perdan algo.
Que é Ourense para vostede? Cales son os seus recordos?
Eu nacín aquí, pasei a miña xuventude e estudei aquí. Os meus mellores amigos seguen aquí, aínda que teña máis polo mundo adiante. A miña tropa é de Ourense. Non podo explicar a ilusión que me fai vir á miña terra, a Ourense, a rodar esta película.
Parece que nos últimos anos Ourense e Galicia están en primeira liña audivisual.
Dende hai moito tempo, non sei por que exactamente. Sería longo de explicar. En Galicia sempre houbo máis series que noutras rexións de España. A xente que empeza a traballar aquí despois ten éxito no resto do país. Hai moitos directores e profesionais en Madrid ou Barcelona que son galegos e son famosos por ser galegos. Agora a televisión tradicional está nun momento de cambio e as plataformas audivisuais collen forza. Por algún motivo, os galegos están en primeira liña tamén nestas plataformas.
O reparto é un plus na cinta?
O proxecto é dobremente interesante polos actores que están aí. O guión é moi bo e iso é fundamental, pero despois ter actores de primeiro nivel coma toda esta tropa que temos na película é unha garantía de que vai ser fantástico.
Co covid é máis necesaria a comedia?
Si. Necesitamos rirnos. Son circunstancias difíciles e está sendo duro. Fai falla rir e a xente nas súas casas tira de comedia para desfogar un pouco e relaxarse. Esperemos que esta comedia novase faga cando o do covid remate e a xente saia a rúa e a desfrute sen máis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARO EN OURENSE
Ourense cierra el mejor mayo de su historia para el empleo
TIEMPO EN OURENSE
Ourense respira: las temperaturas máximas dan una tregua esta semana
CAMPAÑA DE VERANO
La campaña de verano dejará 3.600 contratos de trabajo en Ourense
Lo último
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El rostro de la pobreza en Ourense
HERRAMIENTAS DE CONSULTA
Buscador de actos y mapa interactivo de la visita del papa León XIV a España en 2026
"UN FIN DE SEMANA ÚNICO"
Ourense se prepara para un Rally de Ourense que apuesta por la calidad y la seguridad