O Padre Feijóo será homenaxeado polos seus veciños

Monolito dos veciños para o Padre Feijóo.
photo_camera Monolito dos veciños para o Padre Feijóo.

Polas letras galegas inaugurarán un monolito ao pé da súa casa en Casdemiro en recoñecemento ao Padre Feijóo

Todo o mundo coñece a historia do Padre Feijóo. Benito Jerónimo Feijóo foi monxe benedictino, nado no pazo de Casdemiro, na parroquia de Santa María de Melias. Agora, case 260 anos despois, os veciños que viven na súa aldea natal queren homenaxear ao seu conveciño máis importante.

O presidente da asociación veciñal de Melias, Alberto Rivero, destaca a gran aportación feita por todos os veciños da aldea para compoñer un monolito que se sitúa ao pé da súa casa natal nesta aldea. “Hai placas da Xunta, da Asociación de Médicos Gallegos, e o que non podía ser era que os seus propios veciños non rendéramos unha homenaxe a unha figura tan importante, non só para Melias, senón para toda España”. Así, este 17 de maio, polas Letras Galegas, “inauguraremos o monolito con presencia de autoridades”.

Te puede interesar